slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 0

Xuntanza navideña da Federación Galega de Vela

A Federación Galega de Vela organiza para o vindeiro día 29 de decembro a V Xuntanza Navideña para todos os Regatistas Galegos. Á cita, están convocados regatistas e adestradores que poderán navigar nunha nova edición deste encontro nas instalacións do Centro Galego de Vela.

O obxectivo desta xuntanza é fomentar o compañerismo e a integración entre todos os regatistas e así crear un gran grupo de traballo, ademais de pasar un dia diferente de confraternización.

Bases:

  • Navegarase na Omega Race Class. Equipos de 3 regatistas tendo que haber sempre un regatista sub-16 en cada embarcación.

  • Licenza en vigor.

  • Data límite da inscrición: 22 de decembro antes das 14 horas.

  • O pago de inscrición será unha pequena aportación dos regatistas, dende unha tortilla, conservas, churrasco, latas de coca-colas, etc por equipo, a designación da aportación que teñan que traer será nominal coa inscrición.

  • Haberá que enviar o documento de inscrición a seguinte dirección de correo: centrogalegodevela@fgvela.com

  • Organización do evento:

  • Horario:  10 da mañá ás 14 horas.

  • O formato de competición será como o de un mundialito, haberá fases de grupos clasificándose os primeiros de cada grupo, cunha repesca e final. Recorrido: Barlovento- sotavento cunha saída de 3 minutos.

  • Premios: Agasallos para os primeiros clasificados. 

 

E se cae no Náutico Rodeira, que?

Pouco máis dun mes para a celebración, un ano máis, do Sorteo da Lotería Nacional. O vindeiro xoves 22 de decembro, millóns de persoas estarán pendentes das bolas que os rapaces de San Ildefonso vaian sacando dos bombos... xa que moitas terán premio!

E o Real Club Náutico Rodeira xa ten a disposición dos seus socios, deportistas e seguidores as participacións para o sorteo do 2016. O número será o 74.900 e cada recibo ten un custe de 2,50 euros. Deste importe, 0,50 céntimos serán destinados como donativo á entidade. 

Os interesados poden conseguir a lotería do club na oficina, situada no Porto Deportivo de Cangas e que ten o seguinte horario: 

De luns a venres, de 7 a 15 e de 16 a 18 horas, e sábados de 9 a 14 horas. Domingo: pechada. 

Non tentes á sorte... e compra a túa participación! E se cae no Náutico Rodeira, que? :)

"Navegando en Igualdade" achega os deportes náuticos ás persoas con discapacidade

Un grupo de mozos cangueses promove esta iniciativa coa axuda do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude para facilitar a práctica de deportes náuticos entre persoas con discapacidade

 

 

O próximo luns 26 de setembro comeza en Cangas a iniciativa ‘Navegando en Igualdade’, unha actividade promovida por un grupo de mozos cangueses que busca levar os deportes náuticos ás persoas con discapacidade. O evento, que conta coa colaboración de entidades como o R.C.N. Rodeira, Aspamsim ou a Asociación Juan XXIII,  terá unha duración de dúas semanas nas que ao redor de 40 persoas con discapacidade física e intelectual poderán practicar vela e kaiak asíi como coñecer o mar como espazo natural e de lecer.

 

“O noso obxectivo é visibilizar a este colectivo no ámbito do deporte, facilitando o seu coñecemento e a súa práctica ademais de promover e difundir a riqueza natural e paisaxística do mar, o respecto e o papel que xogamos todos na súa conservación e posta en valor” explican os promotores.

 

Os participantes realizarán as actividades acompañados por persoas sen discapacidade, resultando tamén unha actividade integradora, “pensamos que o deporte é unha canle excepcional para promover a integración e a igualdade na nosa sociedade” sinalan, “aos valores propios do deporte e o respecto ao medio ambiente súmase a riqueza que aporta a  simple convivencia, xa que temos moito que aprender destas persoas que pese aos obstáculos, logran superarse día a día” rematan.

 

Os organizadores destacan que o evento é 100% gratuíto xa que forma parte do programa da Dirección Xeral de Xuventude ‘Iniciativa Xove’. Aínda non están cubertas todas as prazas polo que animan ás persoas interesadas a solicitar máis información por email a navegandoenigualde@gmail.com ou no teléfono 629525422.

 

Álex Casal, bronce no Mundial de Kaiak Polo

Novo éxito para o padexeiro do RC Náutico Rodeira Álex Casal. Este domingo, o cangués colgouse a medalla de bronce no Mundial de Kaiak Polo que durante a pasada semana acolleu a cidade italiana de Siracusa. Ademais, o combinado nacional, co tamén galego Adrián Hermida -Club KP Copacabana- nas súas filas, certificaba a súa clasificación para os World Games 2017 ao rematar a cita mundialista entre os cinco primeiros conxuntos. Desde o club queremos felicitar ao noso deportista por un novo éxito no seu palmarés. Noraboa, Álex!

Álex Casal, durante un partido coa Selección Española de Kaiak Polo

Compartimos con vós un resumen da participación da Selección Española de Kaiak Polo elaborado pola Federación Galega de Piragüismo: 

Adrián Hermida e Álex Casal, bronce no Mundial de Kaiak Polo | Os padexeiros do Club Copacabana de Ferrol e o Real Club Náutico Rodeira conseguiron a medalla de bronce coa selección española no Campionato do Mundo de Kaiak Polo, que se disputou estes días na localidade italiana de Siracusa. 

A selección española de Kaiak Polo contaba entre os seus integrantes para o mundial que se celebraba en Siracusa (Italia) entre os días 29 de agosto e 4 de setembro con Alex Casal do Real Club Náutico Rodeira de Cangas e Adrián Hermida do Club Copacabana de Ferrol.

Casal, un habitual nas últimas convocatorias do combinado español, sumou a súa terceira medalla de bronce a nivel internacional en dous Mundiais e un Europeo. Pola súa parte, Hermida, porteiro do conxunto nacional, conseguiu a súa primeira medalla coa selección absoluta.

Os deportistas galegos disputaron o partido polo terceiro e cuarto posto contra a selección de Alemania, á que venceron por 2 a 1. Os rivais foron os primeiros en adiantarse no marcador, unha renta que mantiveron durante boa parte do choque. Os españois forzaron a prórroga con gol na parte e final e xa no tempo engadido marcaron o tanto da vitoria que certificaba o metal e a clasificación para os World Games do vindeiro ano. 

Os dous padexeiros mostráronse satisfeitos co rendemento amosado durante o torneo, aínda que voltaron con mal sabor de boca polo partido de semifinais contra Italia, no que os anfitrións foron favorecidos polas decisións arbitrais. 

©Fegapi. Publicado o 6 de setembro.

A Selección Española de Kaiak Polo, con Casal nas seas filas, invicta en Siracusa

  •  Álex Casal, xogador do Rodeira, ve ao equipo “moi concentrado” nesta cita mundialista
  • O combinado nacional aspira a igualar o bronce logrado hai dous anos en Francia

 

O xogador do RC Náutico Rodeira Álex Casal continúa dando pasos firmes no Campionato do Mundo de Kaiak Polo que durante estes días acolle a cidade italiana de Siracusa. O combinado nacional, dirixido por Jorge Pérez, vén de completar o seu terceiro día de torneo invicto e aspira a igualar a terceira praza de Francia no ano 2014.

 

A Selección Española comezou a súa participación no Mundial de Italia enmarcada no Grupo C da categoría sénior xunto con Suecia, Finlandia e Taiwan. O equipo do que forma parte o cangués Álex Casal impúxose de xeito claro aos seus dous primeiros rivais: España 5-1 Taiwán e España 7-2 Suecia. Esta mañá, acadaron o pase á segunda fase do torneo como primeiros de grupo tras gañar 8-1 contra Finlandia.

 

Álex Casal, de branco, durante un partido de preparación coa Selección Española este verán

 

A selección nacional se atopa agora competindo por un billete directo para as semifinais do Mundial, algo que permiten as dúas primeiras prazas de cada grupo. Nesta segunda rolda, Bélxica, Polonia, Gran Bretaña, Alemania e Suiza completan o cadro. Esta mesma tarde, para despedir a terceira xornada do torneo, España estreouse nesta nova rolda con vitoria por 6-2 ante Bélxica.

 

Tras unha boa actuación do equipo nestes primeiros compromisos, Álex Casal é cauto, consciente da dificultade que ten un torneo da categoría dun Mundial. "Vexo ao equipo moi concentrado, pero de momento non fixemos nada", afirma o xogador desde terras italianas. 

 

O Campionato do Mundo de Kaiak Polo, que comezou o 29 de agosto e terá a súa xornada de clausura este domingo 4 de setembro, reúne a 28 das mellores seleccións internacionais e asegura a clasificación nos World Games ao Top 5.

O Campionato Galego pecha a temporada do equipo infantil

O Campionato Galego de categoría infantil para embarcacións dobres sobre a distancia de 3000 metros despide esta fin de semana a temporada para o equipo de regatas do RC Náutico Rodeira. Na proba, que comezará ás 16:30 horas no Grove, competirán seis padexeiros do club: Javier Llópiz, Néstor Sotelo, Brais Lagoa, Miguel Chapela -Hombre Infantil A C-2-, Raúl Estévez e Yoel Becerra -Infantil B C-2-.
 
Esta regata porá a fin á temporada da categoría infantil, polo que os deportistas do Rodeira terán un descanso na súa actividade ata mediados de setembro.

O C-4 júnior do Rodeira, campión no Trofeo Ría de Aldán

O C-4 júnior do RC Náutico Rodeira proclamouse este domingo campión da súa modalidade no VII Trofeo Ría de Aldán. Na regata, puntuable para a Liga Galega, a embarcación estivo formada por Pablo Graña, Pablo Álvarez, David Barreiro e Santiago Parcero. O outro barco do club, o K-4 sénior, finalmente non competiu por motivos laborais dun dos seus padexeiros. Tras esta proba, a actividade da sección de piragüismo verase reducida ata a segunda semana de septiembre. Tan só os padexeiros máis pequenos terán competición as vindeiras semanas. 

Os padexeiros do Rodeira, no primeiro caixón do podio tras a regata en Aldán

No Faro de Vigo - Morrazo recollen a crónica da regata da seguinte maneira: 

Más de 350 palistas y más de 80 barcos participaron ayer en el VII Trofeo Ría de Aldán-Memorial Manuel Marcelino, una prueba en la que los anfitriones, el Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón, se llevó el triunfo en la clasificación general por clubes. El podio lo completaron As Torres-Romería Vikinga de Catoira y el Naval de Pontevedra.

La competición era para botes de C-4 y K-4, desde cadetes hasta veteranos. La prueba fue muy exigente ya que incluía cuatro porteos en la playa de Vilariño y, aunque inicialmente estaba prevista sobre una distancia de 12 kilómetros, al final los palistas completaron 15 kilómetros. La salida se tomó desde la propia playa de Vilariño, con tres de los tripulantes de cada barco en el interior del mismo y el cuarto detrás de una línea de salida, esperando para empezar a correr y montarse en la piragua.

El trazado constaba de dos vueltas "largas", en las que los palistas debían llegar hasta el entorno de la playa de Areabrava, y otras dos más "cortas", en las que viraban a la altura de las bateas de Pinténs. En la modalidad de K-4 el podio en la categoría senior masculina fue para Vilaboa, Naval de Pontevedra y Vilaboa; en senior femenino, Breogán O Grove, Ría de Aldán y Pontecesures; en cadete masculino Piragüismo Olívico, Naval de Pontevedra y Ribeiras do Tambre; en cadete femenino Cambados, Naval de Pontevedra y As Torres Vikingas; en juvenil masculino, Náutico Rodeira, Ciudad de Pontevedra y As Torres-Romería Vikinga; en junior femenino el triunfo fue para las chicas del Ría de Aldán; y en veteranos el Ría de Aldán copó los dos primeros puestos del podio y el tercero fue para el Piragüismo Aldán.

En lo que respecta al C-4, en la prueba senior masculina el Breogán de O Grove se subió a los dos primeros cajones del podio y As Torres-Romería Vikinga al tercero; mientras que en cadetes el triunfo fue para el Pontecesures, seguido por el Piragüismo Rías Baixas. A pesar de lo exigente de la prueba las condiciones ayer para la práctica del piragüismo en la ría de Aldán-O Hío eran perfectas, sin viento y sin olas. Desde el Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón mostraron su satisfacción por el elevado número de participantes -más de 350 palistas, casi 90 barcos y 26 clubes- y por el alto nivel competitivo demostrado.

La jornada deportiva continuó por la tarde, dentro de la "Semana Olímpica" que organiza el Ría de Aldán. Esta vez era una cita con un carácter más lúdico, la Regata Social, en la que participaron unas 100 personas entre padres y madres de deportistas y los propios jóvenes.

©Faro de Vigo 15/08/2016

Vilariño acolle mañá o Trofeo Ría de Aldán de C-4 e K-4

O Club de Mar Ría de Aldán organiza mañá o Trofeo Ría de Aldán de piragüismo en embarcacións dobres. A competición forma parte da liga galega, dentro da modalidade de ríos e travesías, e tomarán parte tripulacións de categoría cadete, xuvenil, sénior e veteráns. A organización espera reunir a 343 padexeiros procedentes de 89 clubs de toda a comunidade. Nesta regata, remarán por parte do RC Náutico Rodeira o C-4 júnior de David Barreiro, Pablo Graña, Pablo Álvarez e Santiago Parcero; e o K-4 de Cristian Chapela, Caetano Eiroa, Mauro Prieto e Federico Martín.

Na praia de Vilariño darase a saída tipo "Sella", xa que tres dos tripulantes permanecerán dentro da embarcación e o cuarto restará detrás dunha liña de saída agardando para comezar a correr e montarse na canoa ou kaiak. 

O percorrido consta de 12.000 metros. Daranse dúas voltas a un circuito duns 4 quilómetros, ás que seguirán outras dúas a outro circuito de 2 quilómetros. Por cada volta realizarase un porteo ao seu paso pola praia, donde haberá unha zona delimitada para tal fin. Durante este porteo os deportistas non poderán recibir axuda para transportar a embarcación.

©Fuente: Faro de Vigo - Edición Morrazo del 13 de agosto de 2016

A Liga Galega de Kaiak Polo chega a Cangas

No RC Náutico Rodeira xa está casi todo preparado para acoller este domingo o 5º Torneo da Liga Galega de Kaiak Polo "Memorial Carlos Fernández". A competición, presentada na Casa da Xuventude, reunirá na dársena do porto a 64 piragüistas procedentes dos mellores conxuntos da liga autonómica.

Os partidos comezarán ás 9.00 horas e prolongaránse ata as 18.00 da tarde. O torneo, que se disputará nas categorías absoluta (masculina / femenina) e sub-21 contará coa participación de dous dos dous equipos do Rodeira. Ambos conxuntos defenderán ante a sua afección o liderado nas súas respectivas modalidades.

De esquerda a dereita, Rafael Jiménez, Gabriela González, Xoán C. Chillón e Marcos Torres, na presentación

No acto de presentación do evento interviron o presidente da Fundación Cangas Deporte Xoán C. Chillón, a vicepresidenta do club Gabriela González e o coordinador do Rodeira Rafael Jiménez. RC Náutico Rodeira, Fundación Cangas Deporte e Concello aunarán esforzos na organización.

Esta fin de semana, o mellor kaiak polo visita Cangas

O equipo de regatas benxamín e alevín cumpre en Catoira

Esta fin de semana, os máis cativos da sección de piragüismo participaron na cuarta regata da Liga Provincial Benxamín e Alevín, celebrada na praia fluvial de Catoira. A maioría do padexeiros do club lograron rematar as probas. 
 
Momento da saída dunha das probas, o sábado en Catoira
 
Na categoría Benxamín, Javier Peleteiro finalizou 21º na clasificación, Imanol Prieto foi 42º e Gabriel González retirouse. En Alevín B, conseguiuse o 16º posto de Sergio Barreiro; mentras que Iago Durán foi descualificado. Mauro Pardavila acadou a mellor clasificación do equipo de regatas: sexto en Alevín A. Na mesma modalidade Marcos Fernández foi 43º e Jonathan Gutiérrez, 48º.
 
As representantes femeninas do equipo, Uxía Fernández e Rocío Rodríguez, foron sétimas en Benxamín Dama e Alevín B Dama, respectivamente.
 
A seguinte regata será xa o día 28 de agosto na Illa de Arousa.

Casal concéntrase coa Selección Española antes do Mundial de Siracusa

O xogador de kaiak polo do RC Náutico Rodeira Alejandro Casal participa desde hoxe e ata o vindeiro 11 de agosto nunha nova concentración da Selección Española. Estes adestramentos serán os últimos antes de que o combinado nacional se reúna xa para participar no Mundial de Siracusa, Italia (31 de agosto-4 de setembro).

 

Álex Casal, no centro, con algúns dos seus compañeiros na Selección

O cangués atópase entre os oito seleccionados por Jorge Pérez que nesta ocasión se concentran nas instalacións do Porto de Burriana (Castellón). A lista de convocados complétase con Alejandro Gordo, Ángel Gordo, Víctor González, Carlos Rivero -Club Vallehermoso Retiro-, Álvaro Hijano -Club KP Málaga- e Vicente Claramonte -CN Castellón-.

O Rodeira, protagonista no programa "Deportes Imposibles"

O equipo sénior de kaiak polo do Náutico Rodeira será protagonista no programa "Deporte Imposibles", que dirixe o ultraman Valentí Sanjuan. O deportista compartirá a xornada de mañá cos integrantes da sección e aproveitarán para gravar parte da produción. Sanjuan chegará a Cangas do Morrazo a primeira hora da mañá, para coñecer despois aos xogadores. Pola tarde, desprazaránse ata as instalacións do Complexo Deportivo David Cal en Verducido, escenario da actividade.

O equipo do Náutico Rodeira, no podio tras gañar unha competición

Valentín Sanjuan adentrarase nunha disciplina que busca incrementar a súa popularidade e que poderá practicar coa axuda e indicacións dos nosos xogadores. Seguro que o goza! ;)

O xornalista Chris Beeson, de visita no Náutico Rodeira

O xornalista irlandés Chris Beeson estivo de visita nas instalacións do RC Náutico Rodeira a pasada semana. O motivo da súa viaxe desde o seu país natal ata as Rías Baixas non foi outro que a obtención de diverso material para a realización dunha reportaxe sobre a costa galega que nun dos seus próximos números publicará a prestixiosa revista naútica "Yatching Monthly". Portonovo, Vigo e Cangas do Morrazo foron as tres paradas elixidas polo xornalista, quen realizará unha fantástica promoción destes enclaves como portos de referencia.

 

O irlandés Peter Haden, patrón do iate Papageno, amarrado no Porto Deportivo de Cangas do Morrazo, exerceu de anfitrión con Beeson. Tamén, membros da directiva do club, como o presidente Juan C. Rodríguez ou a vicepresidenta Gabriela González, ofreceron unha calurosa benvida á comitiva.

 

Tras unha primeira toma de contacto en O Faro, Beeson e Haden puxeron rumbo ás Illas Cíes. Durante a tarde de navegación, na que gozaron de moi boas condicións, tomáronse as diferentes instantáneas que se publicarán no magacín. Despois de visitar o Náutico de Vigo, Beeson e Haden regresaron a Cangas para gozar dunha gran velada e dos produtos típicos da zona.

 

 Chris Beeson (centro), acompañado de Juan C. Rodríguez (esq.) e Gabriela González (dereita), en O Faro / ©G.N.

Reactívase a actividade cultural do Náutico Rodeira

O venres tivemos o pracer de abrir as portas da nosa sede social para albergar a presentación do último libro de Loliña Chamadoira, "Un globo de novelos". O libro, magníficamente ilustrado polo artista Raúl Velloso, é un dulce paseo polos recordos de infancia e mocidade da autora en Cangas. 

Loliña estivo acompañada na presentación por Raúl Velloso, o fotógrafo e cineasta Borja Brun, o Secretario Xeral de Política Lingüistica Valentín García e a mestra e filóloga Laura Cobas, que fixeron unha fantástica introdución da obra e traxectoria da poetisa galega. 

O noso máis sinceiro agradecemento a Lola, á súa familia e a Edicións Fervenza, por escoller a nosa sede social como lugar para realizar a presentación.

Compartimos convosco máis información do acto recollida polo Faro de Vigo - Morrazo no seguinte enlace: http://bit.ly/2ar922a

 

Un momento do acto de presentación, na sede social do Náutico Rodeira

 

Xa estamos listos para gozar do verán!

Que ganas! Tan só resta unha semana para que comecen os "Cursos de verán 2016". Vela, piragüismo, windsurf, kaiak polo e rutas guiadas de paddle surf son as propostas do club para este periodo estival. Podedes gozar destas actividades ata o 15 de setembro! Agardámosvos! ;)

 

Este verán, nova edición dos English Sailing Camps!

Xa é oficial! O Real Club Náutico Rodeira organiza este verán a segunda edición dos English Sailing Camps. A actividade, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto, é froito da colaboración entre a entidade deportiva e a academia viguesa Dublin English Centre.

Os campamentos terán programación semanal e os participantes combinarán cada mañá dúas horas de actividades en inglés impartidas por profesorado nativo con dúas horas de navegación nas inmediacións do Porto Deportivo de Cangas. Así, mozos de entre 5 e 15 anos gozarán e aprenderán mentres navegan, xogan, realizan manualidades ou cociñan.

As inscricións poderán realizarse no teléfono de contacto 629 525 422 ou a través do  correo cursos@nauticorodeira.com.

Non dubidedes e anotade aos vosos fillos!

O Balea Dous, segundo da súa clase na XIX Regata de Cruceros de Aguete

Esta fin de semana, a embarcación canguesa Balea Dous participou na XIX Regata Cruceros de Aguete. Na división Cruceiro, o barco con grímpola e tripulación do Náutico Rodeira finalizou na segunda posición, por detrás do Arroás (Mar de Arousa).

Pérez, Martínez, Pereiro, Ferral, Cordeiro e Nogueira melloraron nas dúas últimas probas técnicas a terceira posición acadada o sábado na etapa costeira. Noraboa, tripulación!

 

A tripulación do Balea Dous, co seu trofeo onte en Aguete

 

Compartimos as crónicas das xornadas realizadas por Desmarque S.L:

Solventis, Raygrass e Arroás venceron finalmente na 19ª Regata de Cruceiros de Aguete: http://bit.ly/2aKr9mu

Solventis, Raygrass e Chispa Nejra encabezan a 19ª Regata de Cruceros de Aguete trala celebración da etapa costeira: http://bit.ly/2aCUmkE

 

Dous ouros e un subcampionato para o Rodeira en Verducido

  • Raúl Estévez proclámase campión de España en C-1 e en C-2 con Yoel Becerra
  • O C-4 de Sotelo, Lagoa, Chapela e Llópiz, segundo en Infantil A

 

O equipo de regatas infantil do RC Náutico Rodeira participou esta fin de semana no Campionato de España de Promesas cun balance de dous ouros e un subcampionato. O Complexo Deportivo David Cal de Pontevedra acolleu as probas, nas que os canoístas cangueses competiron sobre a distancia de 1000 m.

 

O equipo de regatas infantil, hoxe en Verducido

 

 

Na primeira xornada, Raúl Estévez proclamouse campión de España na categoría Infantil B. O seu compañeiro de equipo Yoel Becerra foi quinto na mesma proba. Pola súa banda, Néstor Sotelo foi 14º en Infantil A C-1.

 

Na mañá de hoxe, o Náutico Rodeira logrou un campionato e un subcampionato nas regatas das embarcacións dobres. Raúl Estévez e Yoel Becerra subíronse ao primeiro caixón do podio no C-2 Infantil B e, a continuación, os seus compañeiros de grímpola Néstor Sotelo, Brais Lagoa, Miguel Chapela e Javier Llópiz proclamáronse subcampións de España en C-4 Infantil A.

Graña e Barreiro despídense de Minsk cun segundo e oitavo posto

  • Pablo Graña acada a segunda posición na Final B de C-1 200 metros
  • O C-4 500 m, co cangués David Barreiro, octavo na Final A do Mundial

 

Os padexeiros do RC Náutico Rodeira David Barreiro e Pablo Graña concluiron esta mañá a súa participación no Campionato do Mundo Júnior de Piragüismo, que desde o xoves acolleu o Canal de Regatas de Minsk (Bielorrusia). Na cuarta e última xornada, os canoístas competiron en dúas finais.

 

O primeiro en remar no día de hoxe foi Pablo Graña. O canoísta cangués participou na Final B Júnior sobre a distancia de 200 metros logrando unha magnífica segunda posición. A primeira praza foi para Ryhor Maisiuk, cun tempo de 00:43.904. Graña rematou a tan só cincuenta milésimas de proclamarse campión (00:43.954). O padexeiro, ademais desta segunda praza, obtivo na FInal A Júnior do C-2 1000 m un sexto posto con Noel Domínguez.

 

David Barreiro foi o último en afrontar a súa regata. O padexeiro participou co C-4 500 metros na Final A Júnior do campionato rematando en octava posición. Barreiro, Manuel Fontán, Rubén Fernández e Pablo Rodríguez concluiron a máis de catro segundos de diferencia da embarcación gañadora, cun tempo de 01:43.949. Con este resultado, Barreiro colleitou nesta cita mundialista un oitavo e sexto posto, onte na Final A Júnior do C-1 1000 m. 

 

Barreiro, segundo pola esquerda, cos seus compañeiros do C-4 500 metros, en Minsk

 

Noraboa, rapaces, polo gran traballo realizado! Estamos moi orgullosos de que formedes parte do Náutico Rodeira! :D

 

Barreiro e Graña, sextos nas súas primeiras finais do Mundial

Xa rematadas as probas que para a terceira xornada do Campionato do Mundo Júnior de Piragüismo tiñan programdas os nosos padexeiros, realizamos balance de como transcorreu para David Barreiro e Pablo Graña o día no Canal de Regatas de Minsk.

David Barreiro e Pablo Graña, tralas regatas de hoxe en Minsk

O día comezou coa sexta posición acadada por David Barreiro na Final A Júnior do C-1 1000 metros. Tamén o sexto lugar ocupou a embarcación de Pablo Graña e Noel Domínguez na Final A Júnior do C-2 1000 metros.

Xa a primeira hora da tarde, Graña remou na semifinal do C-1 200 metros, quedándose a 75 centésimas da Final A da disciplina, sendo cuarto na tanda. Mañá competirá ás 08:15 hora española na Final B.

A participación no Mundial dos padexeiros cangueses finalizará con David Barreiro competindo na Final A do C-4 500 metros, mañá ás 13:48 hora española. Completan o barco Manuel Fontán, Rubén Fernández e Pablo Rodríguez.

Noraboa, rapaces, e moita sorte para mañá!

Os padexeiros do Rodeira, clasificados para tres finais do Mundial!

  • David Barreiro remará no C-1 1000 m e co C-4 500 m, Pablo Graña no C-2 1000 m
  • Graña buscará mañá o pase á final do C-1 200 m

 

Os canoístas do Real Club Náutico Rodeira David Barreiro e Pablo Graña xa están clasificados para tres finais no Campionato do Mundo Júnior de Piragüismo, que dende onte e ata o vindeiro domingo celébrase no Canal de Regatas de Minsk (Bielorrusia).

 

Trala disputa das semifinais nas dúas primeiras xornadas do Mundial, David Barreiro certificou a súa participación na final do C-1 1000 m, que se disputará mañá ás 08:31 hora española. Polo momento, xa ten un oco entre os mellores padexeiros júnior da regata.

 

 

David Barreiro e Pablo Graña, nunha sesión de adestramento

 

Tamén pola mañá (10:31 hora española), o cangués Pablo Graña remará na primeira final para que logrou a clasificación: a do C-2 1000 m, xunto con Noel Domínguez.

 

Por outro lado, David Barreiro participará na final do C-4 500 metros o domingo ás 13:48 horas. O cangués formará equipo con Manuel Fontán, Rubén Fernández e Pablo Rodríguez.

 

Por último, Graña intentará lograr o billete para a Final A do C-1 200 metros mañá pola tarde (a partir das 15:00 hora española).

 

Moita sorte, rapaces!

O C-4 500 m, á final!

O C-4 500 metros júnior español acadou esta mañá a clasificación para a final da categoría, que se disputará o domingo 31 de xullo ás 13:48 hora española. O equipo formado por Rubén Fernández, Pablo Rodríguez, Manuel Fontán e o padexeiro do RC Náutico Rodeira David Barreiro certificaron o seu pase á última regata tras rematar na segunda praza da semifinal.

O C-4, con Barreiro á dereita, trala semifinal en Minsk

A primeira hora da mañá, a embarcación rematou na quinta posición da Heat 2 cun tempo de 1:44.696, a 00:02.318 dos primeiros. Nos 250 primeiros metros mantivéronse en cabeza cun tempo de 00:49.85.

Polo momento, David Barreiro ten asegurado remar nas finais do C-1 1000 m e do C-4 500 m, en categoría júnior. Pola súa banda, Pablo Graña competirá na do C-2 1000 m. Hoxe pelexará por clasificarse para a final do C-1 200 metros.

Barreiro e Graña, clasificados para as finais!

Inmellorable resultado para os padexeiros do club na primeira xornada do Campionato do Mundo Júnior e Sub 23 de Piragüismo, que ata o vindeiro domingo celebrarase no Canal de Regatas de Minsk (Bielorrusia). Y es que... David Barreiro e Pablo Graña certificaron o seu pase para as finais de C-1 e C-2 sobre a distancia de 1000 metros. Noraboa, rapaces!

David Barreiro e Pablo Graña, en Minsk

A xornada arrincou co sexto posto de Barreiro na Heat 2 do C-1 1000 m. O padexeiro mantívose na primeira posición ata os 500 metros, logrando un tempo de 1:56.84. Na primeira semifinal da súa modalidade, a súa segunda praza aseguróulle a clasificación para a Final A Júnior, que se disputará o sábado.

Pola súa banda, o C-2 de Pablo Graña e Noel Domínguez remou nas semifinais tras unha cuarta posición na Heat 1 dos 1000 metros júnior. Nas semis, acadaron un meritorio tercer posto, a menos de dous segundos dos gañadores da regata. A súa final tamén se celebrará o sábado.

Mañá, máis probas para os nosos padexeiros. A por todas! :D

Seis canoístas compiten no Nacional de Promesas

  • A regata celébrase esta fin de semana no Complexo Deportivo David Cal
  • Na categoría B, aspírase a conseguir tres metais

O equipo de regatas infantil do RC Náutico Rodeira ten esta fin de semana unha nova cita no Complexo Deportivo David Cal. O encoro de Verducido (Pontevedra) acolle o Campionato de España de Promesas, que se celebra entre o sábado e o domingo. Os canoístas do Rodeira participarán en catro probas sobre a distancia de 1000 metros. 

 

 

 

 

Raúl Estévez e Yoel Becerra competirán primeiro de xeito individual en C-1 Infantil B e formarán equipo en C-2 B. Na categoría A, Néstor Sotelo remará en C-1 e completará o C-4 xunto con Brais Lagoa, Miguel Chapela e Javier Llópiz.

 

O responsable da sección de piragüismo do Rodeira Tono Casteleiro apunta que o obxectivo é "alzar dous ou tres medallas nos B", mentres que na categoría A "as aspiración son rematar entre os cinco primeiros de cada modalidade". 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer