COMIENZO BRILLANTE PARA LA SECCION DE KAYAK POLO DEL NAUTICO RODEIRA

O equipo de kaiak polo de Cangas, non puido ter un comezo de liga española mellor.

Os rapaces do Náutico Rodeira disputaron o primeiro torneo, pertencente á primeira división española os días 4, 5 e 6 de abril. O equipo desprazouse á localidade valenciana de Alaqúas para disputar o torneo.

O primeiro grupo de clasificación ao que se tivo que enfrontar, estaba composto polo Náutico Castelló, Club Madrileño Ciencias e Asociación Deportiva Silla. O equipo cangués liquidouno con fartura clasificándose segundo de grupo por detrás do Náutico Castelló e sen perder ningún partido. Posteriormente, no segundo grupo que daba acceso ás semifinais, os cangueses enfrontáronse ao actual campión de liga e 4º de Europa, Vallehermoso Retiro, e ao Kaiak Polo Málaga.

Neste grupo, cederon o partido ante o Retiro pero gañaron de maneira contundente por 6-1 ao Málaga; accedendo a semifinais. Xa nas semifinais, os do Náutico enfrontáronse novamente ao Náutico Castelló nun emocionante partido que se resolveu na prórroga a favor dos de Cangas por 5-4, tras un intenso partido onde os do Náutico comezaron gañado por 2-0  e nunha segunda parte descontrolada e tras un parcial de 4-0 a favor dos de Castelló os cangueses quedaron por detrás do marcador 4-2. Finalmente, nos dous últimos minutos conseguiron empatar o partido cun gol a 5 segundos do final. Na final, os de Cangas perderon novamente ante o Retiro por 8-3.

Por último, o equipo disputará este fin de semana o segundo torneo de liga galega en Verducido e o día 10 de maio defenderá en Castelló a segunda praza de liga, no segundo torneo de liga española.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer