PABLO RODRÍGUEZ SUBCAMPEÓN EN CATEGORÍA C EN EL VIII TROFEO GRANITOS IBÉRICOS

O regatista cangués repetiu no podio na cita deportiva, organizada polo C.M. Canido, que reuniu a 200 regatistas chegados de toda Galicia e norte de Portugal.

Este domingo finalizou o Trofeo Granitos Ibéricos organizado polo C.M. Canido. O evento, que cumpriu a súa oitava edición contou coa participación de 200 deportistas chegados de toda Galicia e norte de Portugal. O R.C.N. Rodeira desprazou ao seu equipo de regatas en clase Optimist composto nesta ocasión por oito regatistas.

O campionato estivo marcado por unha climatoloxía adversa que só permitiu disputar o primeiro día unha proba e con atraso respecto ao programa. A segunda xornada as condicións de vento e mar foron menos adversas o que facilitou a realización do tres mangas programadas.

Da expedición canguesa hai que destacar o papel realizado por Pablo Rodríguez Trillo que volveu demostrar o seu excelente estado de forma esta tempada repetindo podio na súa categoría, despois do obtido a pasada fin de semana en Portosín, acadou o segundo posto en categoría C e un traballado 65º na xeral.

O resto do equipo tamén amosou a súa progresión, pechando un papel bastante bo tendo en conta que non eran as condicións de navegación óptimas para a maioría deles, regatistas novos e lixeiros. No grupo de cabeza volveron a esta Clara Rodríguez que se situou na 50ª praza da xeral, por detrás, na 60ª posición colocouse Víctor González, 68º foi Lucas Jiménez, 75º Manuel Paz, 85º Marcos Paz, 95º Eduardo Pola e 98 Gabriel Piñeiro.

“A regata foi un excelente adestramento de cara aos próximos compromisos” sinalou o adestrador do club Andrés Jiménez, “brindounos a oportunidade de navegar cunhas condicións de vento e onda ás que non estamos afeitos, polo que foi unha experiencia da que extraemos moitos aspectos nos que traballar para seguir mellorando”, explica.

Despois de dúas semanas seguidas de compromisos o mozos de Optimist quedan en Cangas continuando cos adestramentos mentres que o equipo de Vaurien desprázase a Sanxenxo para disputar a próxima fin de semana o Campionato Galego da clase.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer