V TROFEO GRANITOS IBERICOS

XVI Regata de Primavera. Optimist y Láser.

Martes, 10 de abril de 2012.- O Club Marítimo de Canido organiza durante os días 14 e 15 de abril o Trofeo Granitos Ibéricos de vela lixeira, que neste 2012 cumpre a súa quinta edición, baixo a denominación de Regata de Primavera que chega aos seus 16 anos consecutivos como parte activa dos eventos contemplados no calendario de actividades do club vigués.

As seleccións galegas de Optimist e Láser navegarán no V Trofeo Granitos Ibéricos.

Máis de 200 persoas forman o operativo entre regatistas, adestradores e organización.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer